21 setembro 2008

And all those shadows there are filled up with doubt

Trueblood Sookie & Bill

Semella xa que o sol vaise indo e deixa case tanta enerxía coma sombras e preguntas detrais. As persoas son un crisol de cousas, cheas de mil variábeis coma esas ecuación non lineais que baten as ás en forma de bolboreta no outro extremo do mundo e chaman por un furacán que pasa por riba do teu castelo de naipes.

Eu acostumo a resumir, pois na melancolía non me collen demasiadas emocións, e tendo a amalgamar todo iso cunha única sensación relacionada coa persoa en cuestión (millóns de conversas despois non teño xeito de explicalo). A impresión final pode ser parcial pero sempre sinxela, é coma cada uno dos trazos dun Picasso un entende todo o que hai detrais de cada liña ainda sen comprender o conxunto. Unha das contrapartidas é que ás veces hai trazos que non son de Picasso e as comparacións.... Hai poucas cousas máis tristes e miserábeis que facer limpeza na galería ou queimar no patio esa gran pira de quixotes descubertos como apócrifos nos que noutrora se puxera tanto interese, dedicación, traballo e paixón... telo intentado é o importante...

...Din que as paixóns xorden sen moita lóxica, analizálas na miña particular mesa de taxidermista é todo o sentido que ten a miña vida. Así cavilaba en qué me leva a sentirme tan preto de Sookie e Bill, falaba con alguén de que o feito de que cada cousa que os separa de todo o demais sexa xusto o que os atrae un ó outro, é cousa común ás relacións humanas.

Namentres vexo o outono e o inverno vir da man, polo corredor cara a miña porta, vou pensando que : "só tres cousas levaría a unha illa deserta e que en mil naufraxios tentaría perdelas"
----------------
Now playing: jace everett - bad things
via FoxyTunes

2 comentários:

oko disse...

o outono e o inverno son as mellores estacións do ano. non deixan que se propaguen os incendios. non caben saudades nin melancolía. xa abonda de sombras

(isto é o que me repito todos os días, e de tanto dicilo convírtese en verdade. moito ánimo e unha aperta)

Urizen disse...

Penso que me quedou o post máis triste do desexado e iso ten que ser bo porque nisto é mellor sempre suxerir que sentir

De animos andamos sobrados, así pois gardo eses para cando fagan falla, e estas sombras só teñen dubidas desas emocionantes e cheas de camiños abertos.

Súmome ó clube de fans do inverno e do outono aínda que tamén me atraen algúns "incendios propagados".