27 fevereiro 2009

Tell you my love, where to find me again...

img-art-pupas

...And if it's going to be my destiny
I don't want to wait till it comes to me

Remexer nunha carpeta e atoparme a través do que escribín ...dixéronme de todo sobre o meu disfrace, ata que non o tiña, ninguén se decatou do que ía... ¿Onde andaba eu? naqueles dourados 96, 97, 98, de seguro mentindo nos veráns para quedarme cos bicos e rexeitar os xuramentos, vestido con outro nome como aprendín de Neruda... soaban Marilyn Manson, Dover, Alice in Chains, Sepultura... todos os poemas que levo escrito....polo medio algún que me predixo destinado a grandes cousas, entre verso e verso algunhas que ainda as agardarán a día de hoxe...

O arrecendo da tinta da Olivetti do meu pai e os golpes das teclas naqueles folios carne dos 50, nos que escribín coma un estúpido beat, algún relato putativamente inspirado en Blade Runner e Conan Doyle. Apuntes crueis de Miguel Strogoff, Nietzsche, a leña para o ego "A orixe da traxedia", "O Anticristo", as mesmas noites de hoxe que xa insomniaban con Kierkegaard, e un retrato de José Hierro por Alberto Schommer. As "Obras completas" de Dylan e Cohen en DIN A4 glosadas por mín, algunha canción de Eminem, unha foto de Laetitia Casta vestida de flores (que nunca fun quen de soñar), algún autógrafo de sabe deus quen...

O feito é que levo un tempo disfrazado de quinceañeiro... fáltanme, melena ó vento, acné, esperanza e algo útil que facer con todo este desacougo e mala ostia... continuo mentindo nos veráns.... mesmo nos invernos... agora rexeito bicos, xuramentos e calquer cousa que semelle de verdade no espazo do meu particular metro cadrado, tentando alimentar desacougo, mala ostia e se cadra a esperanza...

I will work so hard my hands will hurt

I will pay my sins, if so in hell...

...polo menos continuo a escribir.
----------------
Now playing: Dover - Loli Jackson
Now playing: Dover - Serenade
via FoxyTunes

2 comentários:

oko disse...

polo menos que quede iso

A disse...

Urifer, facía ben tempo que non entraba nas túas portas da percepción, pero xa vexo que algunhas seguen esperando algún portazo que outro...

Din por aí que "nunca choveu que non escampara"