07 novembro 2007

8 Cousas

O gran Fre non se explicou coa mesma claridade coa que me nominou, pero cun chisco de investigación todo semella máis claro:

-Oito cousas a listar, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio post “O meme das 8 cousas”

1-Bronenosets Potyomkin: Porque o ten todo....

2-The Nightmare Before Christmas:Porque malia todo ninguen máis a pode ver como a vexo eu.

4-Annie Hall: Porque cando os tiburóns non avanzan comezan a cheirar.

5-Vertigo: Porque Hitchcock ensinoume que o amor tamén é manipulación.

6-Sen to Chihiro no kamikakushi: Porque despois de vela podo crer calquer cousa.

7-Letyat zhuravli:Porque os operadores de cámara poden voar.

8-Yojimbo: Porque se quero acción prefiro a Mifune-san antes que a Mr.Willis


E os meus nominados non han chegar a oito pero bueno: Lau, Cooperlynch, iNO, artritis, OKO, ALI, Gra e Albóndiga.

E porque Fre fai as cousas ao seu xeito aquí tedes 8 cousas que a un máis lle gustan na vida:

1-Viaxar: Non o fago moito, pero é o mellor xeito de aprender. Se pode ser sen voar, pois mellor que mellor, pero ás veces paga a pena o sufrimento e as suores frías.

2-Coñecer xente nova:Non o fago moito tampouco, pero para alguén coma mín o esforzo a gran maioría das veces paga a pena.

3-A música: Se queredes saber como, canto e porqué falade cos meus veciños.

4-Libros: Moitas veces este punto entra en contradicción co punto 2, Zum Beispiel: en canto teño que aturar unha conversa desas das que me gusta evadirme, lamento non ter a man un libro.

5-O Cine: As veces penso que xa non quedan ocos por encher, pero ós dous segundos aparece un novo mundo xigante e virxe ante os meus ollos.

6-A Familia: Escasa pero escollida algún día serei eu toda ela, namentres desfruto todo o que podo, Rus e Simba aumentarona, mais nunca o suficiente.

7-A risa: Dentro disto entran a tonta, a sin senso, a de aburrimento, a bestial... e un milleiro máis e deixamos fora a risa falsa, patrimonio de póliticos e inframentais.

8-As grandes Ostias A.K.A Retos, dores de cabeza, angurias etc: Porque sen todo isto teñan o prezo que teñan , mellor nos sería non nacer.

9 comentários:

oko disse...

feito :D

Bender disse...

9. 28 Weeks Later. No, no es coña. Tienes que verla. Me esperaba la típica peli americana de zombies con mucho presupuesto, es decir, mala de cojones; pero el Fresnadillo ese me sorprendió gratamente, aunque no estoy seguro si supera a la primera.

By the way, es un trampullán! Fre tiene que obligarte ahora a hacer el meme como Bender manda.

Urizen disse...

Vouna ver, pero non prometo nada... por certo de peli americana non ten nadiña...Hispano-británica, ains. O meme ó xeito de Bender como ven sendo??.

Alfredinho disse...

A min esta alegoría a prol do cine non me vale.

Se non me quixeches entender o que hai que facer xa non é cousa miña, pero as trampas non valen!


Púxeno ben claro:

Trátase de citar as 8 cousas que a un máis lle gustan na vida

Urizen disse...

Contento???? mr.cousas importantes?? XD

Alfredinho disse...

Moito mellor

Anónimo disse...

Ya te vale un kilito de mierda nominarme a mi para estas cosas...

Viniendo de quien viene la invitación, algún día intentaré cumplir esta promesa... pero con calmita, sin estreses


He de admitir que me sorprendiste muy mucho con tu lista, es curioso pero coincidimos en más cosas de las que pueda parecer a simple vista...


P.D. Esta vez habré leido bien el post y estaré contestando correctamente?? nunca lo sabremos...

Urizen disse...

Sorry polas nomineishions... pero como diría Salmonero: "Eneko está en Argentina y no se le puede nominar"... atopeime entre a espada e a parede e disparei rápido e sen mirar a quen, o de sentirse ferido e respostar xa depende de cada víctima...

Fenicia disse...

Merda, vouna deixar para Setembro...