30 novembro 2007

Esponxa e teléfono

Hai pouco que cheguei eiquí... non era máis que un pequeno abrollo vermello flamíxero do tamaño dun verme, dixo de mín o que, hai xa un par de anos me deixou naquela caixa de veludo tamén vermello. Duns meses agora, medrei tanto, que xa case non me resta espazo. Cando mudaron aquela plena luz branca pola noite americana amarelo-anaranxada na que me atopo agora, non souben que ía facer, sentía algo a bulir en mín mais eu non me movía, co tempo comecei a facelo coma unha burbulla que so medra para logo minguar, pouco a pouco, caseque sen decatarme...

- Un movemento-

...Penso que aí fora chámanlle "later", mais non teño a certeza. Á fin todo o que pasa fora aféctame soamente de xeito indirecto, os aceleróns do fluxo que fan que case chegue a estourar e os momentos de sustracción cando son unha gota no deserto. Pouco chego a enxergar dende eiquí. Dentro a luz mesturase velada de cores, só o meu reflexo vermello deixa que poida ver con máis claridade. Teño memoria da luz, lémbroa coma un mundo de silencio, os ruidos son moito máis fortes eiquí, os sons continuos causados por cada movemento son exactos ó de tentar sumerxir un vaso de vidro posto do revés, en agua...

- Un movemento-

...Moitas veces tamén escoito sons de fora, máis nunca con claridade, a metade das veces esváense nos ocos cavernosos diante miña, a outra metade son sinxelamente marmurios de ar. Mais hoxe despois de moito tempo fun quen de entender dúas verbas, novas. Escoiteinas soltas, inconexas, descoñezo o que significan pero gárdoas coma un tesouro...volvo ter que moverme...

----------------
Now playing: The Gathering - Red Is a Slow Colour
via FoxyTunes

2 comentários:

Anónimo disse...

Éste es uno de esos posts en los que la gente dice: "brillante" y nada más, o cosas similares. Si bien es un halago, suena escaso. El problema es que no tengo muy claro qué más decir, sobre todo cuando acabo de volver de una maravillosa y muy extraña noche con los amigüetes. En cualquier caso, me encanta leer esto, y más con Tool de fondo que está sonando ahora mismo. Sigue así y tú sólo llegarás a mucho más que con cualquier influencia. Pero una cosa: sigue el movimiento, siente tus articulaciones rechinar. No hay un sonido más satisfactorio.

Urizen disse...

Xusto cando estaba rematando o comentario, escoitando de xeito pacífico The Gathering, apagouseme o P.P (Puto Portátil) e caeume a infusión "ultrarelaxante", saltando e poñendo todo perdido ata o quinto inferno "concretamente chegou ó poster de The Nightmare...".

Xa non foron estes dous derradeiros os mellores días da semana (Hai findes que deberían rematar en venres) e este non promete nada bo. Aínda así vou falar alemán a San Andrés porque sí.

Pepito grilo está canso de chimpar arredor da xente e bota en falta alguén máis con quén botar "Spring vor mir".

Que saibas que as articulacións renxen ao ritmo disto:
"The picture on the wall is chaotic
I don't want to look at it
But when I do
I cannot speak because of
the confusion in my head"