26 janeiro 2009

Was it impossible to float for a while?

Mera

Todos os parados temos madeira de filósofos...

Onte entre volta e volta enriba desa almofada que está farta da miña cabeza...volvín a Mera, cando aínda tiña seixos no canto de area... voltei ao xelado de mora, fresa e chocolate que non volvín tomar... voltei ás 6 horas baixo da auga, as mans enrugadas coma as da miña avoa... voltei chegar ás boias e sentar na corda frouxa sobor do horizonte, a pechar a praia, a bañarme só...emerxer e non ver a ninguén máis aló da marxe do mar, voltei....

O peor da doce levedade de estar colocado é que sempre hai un día despois para deixar de estalo, e un pasa de Verdeescuroacasenegro.

A semana deixoume por primeira vez sen ningun culpábel ó que sinalar, se cadra de cando en vez cumpre admitir unha derrota no canto de fuxir maquillando cadáveres.

Volven as náuseas, a dor, volvemos ó mesmo punto, a ter 14 anos, léxico coñecido: pensar menos, distimia, comeduras de coco, xenético, litio e todo á merda...

Dixeronme hai pouco que pode levar ata seis anos atopar o que un quere... Canto nos leva atopar as gañas de querer algo?.

----------------
Now playing: The Gathering - Amity
via FoxyTunes

2 comentários:

oko disse...

afortunado es de ter, alomenos, madeira de filósofo. a min estar parada quitoume ata a pouca capacidade creativa que tiña...

mais acabo de voltar ao verao, á praia de nena, ao cansancio nas boias... que sensación tan boa!

disse...

Esto de postear el lunes quiere decir que has triunfado en fin de semana? :P
Quiero musiquita...I'm home!