11 dezembro 2008

If it's not forever, if it's just tonight



Sair á rúa, lonxe da indiferencia contínua, lonxe dos silencios perturbadores. Sentir a noite fluindo nas veas suplantándote pode ser as veces o máis pobre dos consolos ou o máis delicioso de todos eles...
----------------
Now playing: Kings of Leon - Sex On Fire
via FoxyTunes

01 dezembro 2008

Tengo bastante con morder algún pedazo de sueño

A.I

Aconséllanme un chisco máis abaixo que sexa paciente pero o tempo sempre corre, porque ultimamente ...duermo en doble fila, e vivo a todo trapo... e estamos xa no mes das celebracións alleas obrigatorias e coido que redundar nos festexos é algo ben monótono e desagradábel, so resta unha cousa (que son dúas) que pedir para cando este fillo de puta remate.

Tomar as curvas a 200 sobre a roda de reposto que gosta de convertilas en egoístas rectas, xa é perigo e valentía dabondo. Polo tanto, pasarei das uvas e dos berros un ano máis e agardarei polo desexo ata o ultimo segundo para que o fillo de puta que virá me deixe cando menos...tener encaje sin perder empaque...

NARRATOR

"And David continued to pray to the Blue Fairy there before him, she who smiled softly, forever...she who welcomed forever. Eventually the floodlights dimmed and died, but David could still see her palely by day, and he still addressed her, in hope. He prayed until all the sea anemones had shriveled and died. He prayed as the ocean froze and the ice encased the caged amphibicopter, and the Blue Fairy too, locking them together where he could still make her out - a blue ghost in ice - always there, always smiling, always awaiting him. Eventually he never moved at all, but his eyes always stayed open, staring ahead forever all through the darkness of each night, and the next day...and the next day... Thus, 2000 years passed by."
----------------
Now playing: Quique González - Hotel Solitarios
via FoxyTunes

20 novembro 2008

Tendría que reconocer que no llevo razón...

2815261486_7fa722e2d0_o

Ser responsábel das cousas que un fai na vida é algo que aprendes renunciando a facer moitas outras cousas.

Así cando un deixa de ser responsábel convírtese nun fuxidor que perde todo o aprendido e aprende de todo o renunciado.

Se cadra o corolario é que perder todo é precisamente o comezo de non ser ningunha das dúas cousas. Diferente do que fuches, diferente do que estás sendo, e diferente do que mañá serás...

Cando era cativo as miñas atraccións favoritas eran as que daban voltas, por iso o meu corpo e cerebro están viciados de revolucións por minuto, así o meu sangue dixéronme, non sirve para doar, hai tempo que as miñas mans producen mareos a toda persoa que tocan, e as miñas verbas fuxen dando voltas antes sequera de comezar a soar, quizais por iso semella que falo sempre para a camisa.

O diaño aquel da warner tamén mudaba constantemente de sitio, quizais na procura dalgún lugar onde, se non as persoas cando menos as cousas foran a proba de furacáns...se cadra un paraíso deserto... Prepárase un gran salto ó chou...

...Abriráse unha oficina para damnificados, requírese soamente a Biodramina, o alcohol corre da miña conta...

----------------
Now playing: Lori Meyers - Luces de neón
via FoxyTunes

11 novembro 2008

Timing is crucial



Gustame aínda máis así...malia a guitarra desafinada... e malia torpeza final.

01 novembro 2008

Ou con amor ou con odio, pero sempre con violencia

Cesare Pavese

En ocasións a literatura fai mofa de un:

"25 de diciembre

O con amor o con odio, pero siempre con violencia.


Ir al confinamiento no es nada; volver de allí es atroz.

El hombre de las masas no debería ser correcalles, sino el disciplinado. Nosotros no somos ni lo uno ni lo otro.

Hay algo más triste que envejecer, y es continuar siendo un niño.

Si joder no fuese la cosa más importante de la vida, el Génesis no comenzaría por ahí.

Naturalmente, todos te dicen "¿qué importa?" No hay sólo esto. La vida es varia. El hombre vale por otra "cosa" pero nadie -ni siquiera los hombres- se dignan a mirarte si no tienes esa fuerza que irradia. Y las mujeres te dicen ¿qué importa?, etc. pero se casan con otro. Y casarse quiere decir construir una vida. Y tú no la construirás nunca. Esto quiere decir haber sido niño demasiado tiempo: esto.

Si te ha ido mal con ella, que era todos tus sueños. ¿con quién te podrá ir bien nunca?"

E que fai un???, pois roubar unha dentadura postiza e devólverlle o sorriso.
----------------
Now playing: Nacho Vegas - Ella me confundió con otra persona
via FoxyTunes

27 outubro 2008

Cinco cousas que facer antes de morrer

The Four Horseman of the Apocalypse-Albrecht Dürer

O señor Fre nominoume. O conto consiste en respostar a cinco preguntas; cinco cousas que facer se mañá rematara o mundo.

1.- ¿Qué canción escoitaría?

Estoume lembrando de Tyler e Marla collidos da man cos edificios estourando e caendo ó chan de fondo mentres soa o Where is my mind? dos Pixies. Se eu me atopase nesa situación non sei a quen querería coller da man, mais si sei que escoitaría Contradictorio de Bunbury mentres o planeta desaparece... esto es todo amigos...muchas gracias por su atención... que les vaya bien bonito!!.

2.- ¿Qué libro lería?

Supoño que queda moi pedante dicir que O Idiota de Dostoievski, pero é que leva case dous anos comigo e non me atrevo a abrilo, penso que non estou o suficientemente esperto como para desfrutalo. Se o mundo rematase tería unha escusa inevitábel.

3.- ¿Con quén falaría?

A mín cando me poño nervioso dáseme moi mal falar, así que supoño que simplemente quixera escoitar un chisco a cada unha das persoas insustituíbeis da miña vida.

4.- ¿Qué comería?

Unha ensalada de cóengos, lombarda, leituga iceberg e escarola con abrollos de soia, millo doce, cenoura raiada, atún, ourego, aceite de oliva virxe e vinagre balsámico de módena xunto a unha boa copa de Penedés.

5.- ¿Qué faría e que me quedaría por facer?

Supoño que non faría nada... quizais cantar. E por facer: visitar Praga, ver un grabado de Blake in situ, ver a Tool en concerto, mercar unha réflex dixital, dirixir unha longametraxe, atopar a Gretchen Ross, facer unha viaxe con ayahuasca, visitar algunha zona maia, ter sexo con ... supoño que isto non ten que ser interminábel... XD.


E BANG!!!! (sexan libres de sentírense feridos) :Emereci, Oko,Bender, Su, A,

----------------
Now playing (Como se rematase o mundo): Bunbury - Contradictorio
via FoxyTunes

21 outubro 2008

Never smile at a crocodile

Crying Cake

Hai poucas semanas que comecei a tentar solventar algúns dilemas, e hai poucas semanas que comecei a ler algúns libros, ambalas cousas se mesturan co que vexo e escoito con resultados impredecíbeis.

"There had been times of late when he would have preferred a death by wild horses to the itch of suspicion that had so degraded his joy..."

Hoxe flotando na auga, coa cabeza case que completamente sumerxida decátome de que o único que non se atopa cuberto de líquido son o meu nariz, ollos e boca. Doulle voltas case que tres segundos e atopo o pensamento... gardado no seu sitio, no caixón marcado cun gran C ... Tick-tock-tick-tock ...the croc...

"-Oh, so you've finished dreaming, - said the Cenobite, perusing him as he lay panting on the bare boards. -Good-. She stood up. The tongues fell to the floor, like a rain of slugs. -Now we can begin- she said."

Fames e sedes fanse meirandes con cada día de esforzo; pois tumbar a mente a través do corpo é unha tarefa cuxas recompensas atópanse cheas de tortuosas contrapartidas, e conterse convertíuse agora nun ás pretérito que brilla a milleiros de anos luz da mesa de póker na que se barallan hoxe as miñas opcións.

Hai desculpas que só se poden pedir xusto despois de facer dano, eu non quero facer ningunha das dúas cousas. Tentamos obviar o feito de que ter a boca aberta á beira do Nilo máis dun día á semana e xa perigoso dabondo, cando o máis duro é abrila e dicir algo con sentido, mentres que no camiño de Mefistófeles as cousas volvense feitos simples e directos: agocharse baixo a auga, atopar a configuración de Lemarchand, agardar pola melodía e pola campá.

O que queda por vir descoñezoo por completo, e non ter nada que perder pode servir ata para xustificar que as primeiras e inmotivadas bágoas dun ano que debeu estar cheo delas, roubeillas... quizais... a un crocodilo.

"...She would wait and watch, as she had always watched and waited, hoping that such a puzzle would one day come to her. But if it failed to show itself she would not grieve too deeply, for fear that the mending of broken hearts be a puzzle neither wit nor time had the skill to solve.
"

----------------

05 outubro 2008

Esperando un eclipse me quedaré entre el sol y mi corazón...

Eclipse-Solar

"Un día más me quedaré sentado aquí, en la penumbra de un jardín tan extraño, cae la tarde y me olvidé otra vez... de tomar una determinación..."

E con Bunbury volve todo, unha vez máis. As casualidades son arquitectas dos mellores momentos da miña vida e levan coa escadra e o cartabón ás miñas costas un bo tempo. Falaba do arrecendo de novas Audreys e onde hai fume sempre hai lume.

Fax, Bunbury, Ourense. Nin na peor película da historia collería unha secuencia onde cantar Alicia a alguén que non se chama así, na pranta baixa do rus as 7 da maña, a cambio dalgo, non sexa algo surrealista. A parte romántica sempre é cousa do momento e de de Don Enrique.

Algúns non fomos feitos para estas cousas, para as idas e as voltas que á fín so me deixan a testa máis que asomada, conseguindo que nunha noite esquezan o meu nome, e con todo o demáis feito un cristo.

E para vomitar isto, tanto como para comprendelo sendo parte da nausea, un debera tragar este sandwich musical que suliña o final da queixa.
----------------
Now playing: Radio Futura - La estatua del jardín botánico
Now playing: Bunbury - Alicia
Now playing: Michael Andrews - Gretchen Ross
via FoxyTunes

21 setembro 2008

And all those shadows there are filled up with doubt

Trueblood Sookie & Bill

Semella xa que o sol vaise indo e deixa case tanta enerxía coma sombras e preguntas detrais. As persoas son un crisol de cousas, cheas de mil variábeis coma esas ecuación non lineais que baten as ás en forma de bolboreta no outro extremo do mundo e chaman por un furacán que pasa por riba do teu castelo de naipes.

Eu acostumo a resumir, pois na melancolía non me collen demasiadas emocións, e tendo a amalgamar todo iso cunha única sensación relacionada coa persoa en cuestión (millóns de conversas despois non teño xeito de explicalo). A impresión final pode ser parcial pero sempre sinxela, é coma cada uno dos trazos dun Picasso un entende todo o que hai detrais de cada liña ainda sen comprender o conxunto. Unha das contrapartidas é que ás veces hai trazos que non son de Picasso e as comparacións.... Hai poucas cousas máis tristes e miserábeis que facer limpeza na galería ou queimar no patio esa gran pira de quixotes descubertos como apócrifos nos que noutrora se puxera tanto interese, dedicación, traballo e paixón... telo intentado é o importante...

...Din que as paixóns xorden sen moita lóxica, analizálas na miña particular mesa de taxidermista é todo o sentido que ten a miña vida. Así cavilaba en qué me leva a sentirme tan preto de Sookie e Bill, falaba con alguén de que o feito de que cada cousa que os separa de todo o demais sexa xusto o que os atrae un ó outro, é cousa común ás relacións humanas.

Namentres vexo o outono e o inverno vir da man, polo corredor cara a miña porta, vou pensando que : "só tres cousas levaría a unha illa deserta e que en mil naufraxios tentaría perdelas"
----------------
Now playing: jace everett - bad things
via FoxyTunes

16 agosto 2008

Nenos no cine

Lucas durmindo

E Namentres o home máis rápido da historia acadaba o ouro en Pekín, caían a modiño ó chan máis das miñas teorías lapidarias, a modiño, ben a modiño...

----------------
Now playing: Marful - Meu pirinho
via FoxyTunes

15 julho 2008

Y comencé a recuperar...

Pulseiras

Este post mudou tantas veces de forma no meu maxín que xa non sei que é o que quere dicir, mais sí sei o que non quere dicir.

Entre as dúas pulseiras que vedes na foto median uns cantos meses. Pensaba tamén eu que dúas persoas diferentes as posuiran, hoxe vexo que eran iguais. Recuperei un chisco dalgo. E atópome desfrutando dos retos e da vida, dabondo como para non ter a necesidade de racionalizalos e poñelos a secar neste recuncho ...nada que perder y algo que ganar si me sale bien... O preguizoso verán que me sauda dende aí fora vai sendo profundamente meu, e despois de firmar o armisticio co sol xa me estou a queimar coma fixen noutrora.

Vémonos cando o sol se vaia...et con molto pensiero indi si svelle

----------------
Now playing: Ivan Ferreiro - Toda la verdad
via FoxyTunes

09 junho 2008

Velaí a nau capitana...

1982

"...mesmo parece que o barco navega por entre os xelos xigantes que aboian no medio do mar coma illas, penínsulas, continentes enteiros á toa, na procura do paso cobizado entre os dous océanos"


Comezamos o verán, algúns dirán que queda un treito, mais para min comeza hoxe. Vou mercar un novo sol, un deses que non dan calor, deses que so serven de compaña, colgareino do ceo deste 2008 que levo tempo tragando coma un feixe de toxo.

Recollo as nocións clásicas sobre alquimia e os libros sobre laberintos, e neste pote de Gradel comezo a mesturar xa os primeiros elementos tentando repetir tempos estivais pasados á soma dos carballos na montaña lucense, cando aínda soaba algo baixo as miñas costelas. Voltamos ó papel para comezar e co papel penso rematar.

Fría Hortensia senta ó meu carón e ambolos dous escoitamos á rapaza a que por medo non me atrevín a dicirlle o moito que me lembraba a Leonor Watling, namentres vaime contando historias sobre corazóns engulidos por peixes, e sobre o meu avó cando dicía con ese acento cubano tan xeitoso -¡Dale quenque, chico, dale quenque!- e de súpeto, sinto que as cousas estan máis preto do que eu as vexo.

----------------
Now playing: Russian Red - Kiss My Elbow
via FoxyTunes

09 maio 2008

Pequeño desastre animal

gem

Ordea meu irmán que deixe isto sen escribir, que non perda o tempo, que hai cousas mellores que facer con el, a saber: escorregar entre as fendas destas paredes de cemento, correr a toda velocidade cos ollos pechados pola cidade adiante ouveando coma un can rabioso, coma un can danado. Engade que teño o deber de ceibar os instintos do cadaleito, e deixarme levar...

Sabemos ambolos dous que a confianza sempre me fixo menos aburrido case tanto coma peor persoa. A forza de vontade so se entende con un dos dous, e en canto algún pecha os ollos comezan as coiteladas. O olfacto sen embargo, non engana a ningún dos dous e tralas capas metálicas sinte o arrencendo de novas Audreys dispostas a facer co corazón un nó de cereixa. Coma sempre so un dos dous é quen de desfacelo.

So diferir en cousas que fíren, un salta o outro ten vértixe, un chega outro vaise, un sabe o que quere o outro non sabe querer nada que non veña só, un atrae o outro repele, fai máis duro escoller con cal quedarse.

Comenta o meu irmán que todo o mundo lle da a razón, e eu mesmo estoulla a dar... mais so un dos dous sabe o que facer con ela.

Eu Supoño/Él Sabe que estando preto do cuarto de século as cousas mudaran aínda menos.

"...Iglús, sin Primavera"
----------------
Now playing: Vetusta Morla - Iglús
via FoxyTunes

25 abril 2008

Vetusta morla



"Cando a vida non é dabondo sempre aparece a música..."

2008, boto conta e o anterior disco dunha banda española que merquei remóntase ao ano 1996 aquel "Parasiempre" co que Héroes dicían adeus. Onte asistin ó concerto que Vetusta Morla deron no forum da Fnac e penso que recuperei a confianza na música deste país.

Invertir 12,95€ en mercar esta pequena xoia é un auténtico pracer, mais o verdadeiro pracer é contar sempre con xente que cando un perde o norte, inventa unha estrela polar que seguir.

----------------
Now playing: Vetusta Morla - Año Nuevo
via FoxyTunes

15 abril 2008

O camiño verde a Xibalbá



"Los Güegüechos de gracia José y Agustina, conocidos en el pueblo con los diminutivos de Don Chepe y la Niña Tina, hacen la cuenta de mis años con granos de maíz, sumando de uno en uno de izquierda a derecha, como los antepasados los puntos que señalan los siglos en las piedras. El cuento de los años es triste. Mi edad les hace entristecer...

Hai dias que se sinten coma anos, a primeira vista semellan so 24 horas máis no devir de moitas outras. Aínda así un sínteos cheos de volume, constituidos puros en chumbo, coma o día do preso en illamento ou coma os que sentía o major Tom na odisea que Bowie cantou.

Mais debaixo da pel; posto que isto nunca se chega a ver, as células envellecen nun só intre. Todas elas esquecen as súas tarefas e coma nun déjà vu interrompen todo proceso vital, o tempo enton turra de nos cara ós anos futuros. Nada ten que ver coas viaxes ó futuro das que falan os filmes de ciencia ficción, tratase de pouco máis que dun lene movemento de aire, un empurrón dos elementos que nos compoñen cara algures. A visita non se pode medir en tempo e somentes achamos algo novo á volta: a certeza.

A certeza que non tes pero que terás. Enton enfrontaste a eles, os que din que debes loitar sempre cara adiante, mais un atópase canso de loitar e non desexa darlle movemento de mais ós ollos, nin traballo de mais ós oidos que escoitan á xenética temporal que célula a célula dende o interior dun mesmo remata dicindo que eles non coñecen o teu futuro.

...Allí vide a mi espalda el camino verde, a mi derecha el rojo y a mi izquierda el blanco. Cuatro Caminos se cruzan antes de Xibalbá...*
___

*Miguel Ángel Asturias
"Ahora que me acuerdo"
Leyendas de Guatemala


----------------
Now playing: Muse - Bliss /Sergei Rachmaninov - Etudes-Tableaux, Op. 33: No. 2 in C major: Allegro
via FoxyTunes

24 março 2008

Collage de camiños abertos



Cun collage de imaxes daríalle un soporte máis real ao post, mais a risco de ser máis Urizen desta vez que todo o Calci-Fer que fun estes meses atrais, voltarei ao silabeo sentimental.

Así pois comezo a letanía. O que queira seguirá unha a unha as contas deste Komboloi persoal que non colga do espello retrovisor de Nachete, senon da miña man.

Primeiro, as persoas: os dous que están sempre, xuntos ou separados, os que están lonxe, os que están mais lonxe, os que están demasiado lonxe, os que poñemos lonxe, e os que pasan unha semana lonxe pero deixan algo antes de marchar.

Segundo, as cousas: Un biscoito, "El arte de amar" de Jaime de Armiñán e Barcelona a través dos ollos de quen quere ser outra persoa cando esta moi ben así, unha caixa branca cadrada coma aquelas onde os gansters simulaban levar flores e onde agochaban as súas thompson, esta dispara rock'n'roll cheo de cores para logo deixar un remanso paz. Dous puchos a xeito de pinta de Guinness cos que apoucar un desasosego que duraba un trienio e unha gorra negra máis "divertida" que "ultra". E por suposto, quen ía crer que algo de cerámica pode facerche rir e devolverche un sorriso bitelchusiano cada vez que o ves.

Terceiro, os lugares: Centro Social, A Cova Céltica, Dúblin, A Rioja, Praga, Cork, Berlín, Madrid, Santiago suma e segue.

Cuarto, os feitos: Acelera forte forte forte, pon quinta, e un camiño aberto é o que che resta...

Cae o Komboloi, alguén dende o medio da escuridade acende un misto, de súpeto un milleiro de candís acéndense ao seu redor, algo comeza a camiñar, so entón a pequena bola de lume foi quen de dicir:

-Grazas-
-----------------

08 março 2008

1911-2008


97 anos semellan moitos, mais nunca son abondo coma para atopar a despedida axeitada. Quedar de golpe sen madriña e sen avoa fai medrar dobremente o óco.

Tristura,-¡alónxate de mín!-... 2008, Tés moito que mellorar nos meses que che restan... heime encargar de poñercho sinxelo...
----------------
Now playing:
Amy Winehouse-Tears dry on their own

26 fevereiro 2008

Capitulación a tres días de rematar febreiro



Son soños coñecidos, suores frías nas mañás e covardía no serán, son eu pisando o freo máis da conta, néboas, pernas, mans e beizos todos eles coñecidos e feitos lexión, un exército de lembranzas e pertenzas, preparados para a aniquilación. Mais aínda non comezan, sempre é peor a ameaza, coma os antropófagos que agardan o seu intre arredor dunha mesa dos que me fala Bergman.

Son eu puro sobresalto, e tomar alento é o único que me custa traballo. Levo uns meses mudando todo de sitio probando de novo reubicando o universo ao meu redor, cara adiante, sen tremor de mans e sen dar pasos cara atrais e de súpeto o Onirismo, "for the moon never beams whithout bringing me dreams...", volve poñerme todo do revés.

Permítome voltar e nun pequeno segundo: as ruinas de Tikal, agora son eu o que se pregunta: qué estas maquinando?, mudando nomes para fuxir unha vez máis sen por iso romper ningunha regra, "esta prohibido prohibir". Pode ser que todo soe igual porque no fondo é completamente distinto, podo bautizar todo cantas veces me pete, quizais o medo real se atope no feito de non sentir nada xa.

Dous tonos despois, comecei a me arrepentir e decateime de que xa non recoñecía nada do que se fora co furacán.

Confeso tamén que nunca me imaxinei a escribir esta carta resignada a tres días de rematar febreiro.
----------------
Now playing(in an eternal loop until the end of time):
Incubus-Anna Molly

15 fevereiro 2008

Parada obrigatoria



Cando saín do pavillón pensaba en todo menos no canso que me atopaba, demasiado cecais para un partido de fútbol-sala dunha hora. Andaba a trebellar na soidade dos días de antroido, nas viaxes, nos "Four days and nights of peace. I am getting so strong again that I hardly know myself..." do diario de Lucy, nas decisións por tomar referentes á vida laboral, única que me interesa hoxe por hoxe. Doutras máis susceptíbeis de ser analizadas nestas datas só me resta un lote por retornar a fábrica sen acuse de recibo.

Turrei case unha semana enteira, ata o xóves, cos tusidos e o cansazo, polo medio vin algo e merquei algo que che cambia a vida. Falaba no post anterior de escafandras sen saber da casualidade que estaba a sementar, de seguro unha muller que cumpre anos o mesmo día ca mín aproveitaría para besbellar -Eres un enfermo-... e hoxe tería máis razón que nunca. Retomando que do xóves só lembro un lusco e fusco onírico e a miña nai espertándome o venres para dicir pola mañá: -39.8º-. Para cando voltou a mediodía adquiríra xa un grado máis, como o bo viño en barrica. De cómo cheguei ó baño, Da ducha en auga xeada, dun lubrigante vermello con nome flotando pola habitación, da media hora no corredor de urxencias suando, do frechazo á primeira intravenosa co Augmentine e do resto do día en observación caseque non paga a pena extenderse moito.

Agora so resta pedir perdón polos cacharros que non puiden tomar co mallorquín visitante, polos tusidos a toda a familia a través do teléfono e polo absentismo da miña parte. E dar as grazas a Doutora Álvarez polos coidados e o cumprido.

O mellor de todo é que sei a ciencia certa que a parte do peito que me doe é a dereita.

----------------
Now playing: Bunbury-El viento a favor

03 fevereiro 2008

I will take no refusal...



Comezou febreiro, e un xa está buscando unhas vacacións das vacacións. Este ano chegarán.

Aborrezo este mes, mais non sei moi ben cal é o motivo. Hoxe vai frío e ando a cavilar que isto no que me atopo agora é o primeiro remanso de quietude antes de continuar a subida. Coa escafandra chea de bafo, facendo descompresión de tempo, decisións, xentes, ausencias e presenzas e do resto de cousas que ben ordenadiñas e comprimidas en Mp3 caben nun CD. ¡Non sexa que o peso produza queixas!.

Comentouse nunha soa semana que ando: ben cáustico, ben non-respondón, incordiante, insoportábel, raro,irascíbel e incluso desaparecido ... Será, será. Quizais sinxelamente o home invísibel quere ser invísíbel un chisco máis e os botes de pintura nos que meter o pé atópalos en calquer parte.

Os tiburóns se non avanzan, non poden respirar e morren, e os tiburóns pasan a maior parte do tempo sos. Hai presenzas que comezan a apagárense, e un pico de soidade percorre veas que hai tempo que non a sentían e que pronto se axeitan ao seu fluir coma se de vellos coñecidos se tratase. Asubían a mesma canción, levan o mesmo paso e en pouco tempo hancho marcar a ti.

Penso, namentres leo Dracula; por primeira vez na súa lingua orixinal; que aceptar ser un estúpido Jonathan Harker dentro do castelo deste perverso Dracula de 29 días é o mellor que podo facer. Polo que acatarei as advertenzas e non ousarei durmir noutro sitio que non seña a habitación da miña confianza.
----------------
Now playing: The Gathering-Bad Movie Scene

27 janeiro 2008

Maxia

Cando as persoas importan máis que o futbol ou os resultados.

14 janeiro 2008

Podoloxías

.

(Do lat. pes, pedis).



"1. m. Extremidade de calquera dos dous membros inferiores do home, que serve para soster o corpo e camiñar.


2. m. Base ou parte na que
algo se apoia ."

Nacer cos pés planos configura un xeito moi particular de vivir a infancia: Primeiro, veste obrigado a levar plantillas e calzado ortopédico, tan comodo e caro coma horrendo, durante a época na que máis loce levar uns playeros acorde á moda do momento. Segundo acostumas a cansar cedo de estar de pé, así sofres unha especie de hiperactividade que che impide parar un só intre en calma, e Terceiro acostumas a desenrolar un xeito moi particular e case único de camiñar e de moverte. Todo isto...faiche...particular.

Esta semana non comezou con moi bo pé, así que cavilei que fora un deles o que relatara o acontecido a anterior semana dende a súa óptica pé-rsoal. Teño que dicir que non fun quén de escoller entre o dereito e o esquerdo (polo visto non podo distinguilos), mais ningun deles se prestou. Fareino eu no seu nome.

Unha visita a Santiago... chuvia e pés mollados... Hoxe é día de festa, fenómenos paranormais cos paraugas, momentos de "violencia cómica", clases de pandeireta, acordeons que non caben polas portas, Avante, ¿¿¿currunchos ou recunchos???, biscoitos de chocolate para uns e churros con cola-cao e augas do tempo con gracias para outros, conversas transcendentais que gardar coma un tesouro, nun rexional ás 6:30 da mañá...sono.... Coruña, taxi... chuvia e pés algo menos mollados... ¿¿¿No es bonito el alemán???...pouco durmir, despedidas, (non hai nin dous días e semella xa un més), XENTE benderiana, Ribera del Duero, conversas dublineras que gardar coma un tesouro, -¿¿¿Eres un gallina McFly???-, e boa viaxe, pés confiados...

Esas Gazelle queren: Cork,Cork,Cork e Cork. Máis conversas das que importan, mais momentos C.T. Máis son todos os que estan e menos non estan todos... os que son???. Elas camiñan soas e non han parar por quen non quere camiñar, nin sequera por mín...


...Alguén ten gañas de camiñar???...

----------------
Now playing: Wir sind Helden-Du Erkennst Mich Nicht Wieder

02 janeiro 2008

Rater la vie est un droit inaliénable...


Imaxina que chegas as 10 da mañá á casa, saudas a túa nai mentres desaiuna, sentas un chisco a ver un documental de tiburóns brancos na televisión e despois do terceiro -¡¡¡joder!!!- de pura impresión comezas a sentir o sono.

Érgueste ás 3 e xa antes de ser consciente de que te atopas esperto maldís a ausencia de cromosomas de lirón no teu ADN. Sendo fillo único, cunha nai enferma e metida na cama e cun pai que comparte contigo o primeiro posto no ranking do ser menos festivo da casa, resulta comprensíbel e aceptábel que o día 1 de xaneiro sexa unha data a aborrecer, sumalle que non che gustan os comezos e que os cambios, malia que sexan de ano, danche unha mala espiña grande coma un Airbus, e tes o comezo dun mal día servido.

Pousas os pes no chan, abres as persianas, non demasiada luz, acendes o ordenador...Música... Almorzas unha mazá e un iogur con dúas galletas e logo decides que ese vaise converter no teu aporte total diario ó múseo das calorías. Poste diante da tele cunha infusión quentiña, e un ogro verde fai que poñas cara de parvo durante máis dunha hora. Cando remata, a túa nai agora ao teu carón, comenta que algúns planos semellan cadros...CLIC MENTAL...

Rastreas a estantería na busca de.......¡¡¡xa o tes!!!.......case que sen adeus, baixas ao refuxio fílmico habitual. Con urxencia e con presa. Decátaste a tempo e decides pospoñelo un chisco... antes algo máis trivial que logo non vas lembrar, pasa por diante dos teus ollos.

-----------------------------

Agora queres firmar un tratado de escravitude cos cambios que queres facer no novo ano por medo a non cumplilos e por primeira vez sorrís....

Se James Woods saíse nunha película miña poría na súa boca unha frase do tipo: "O mundo divídese en dous tipos de persoas: -As que viven a vida, as que teñen medo e non a viven e as que soñan a vida- " alguén lle respostaría:"- pero iso son tres tipos-", e o bo de Jim cheo de sabedoría remataría dicindo:"- Non, en absoluto, os que soñan a vida rematan espertando e vivindo, ainda que seña a ostias-".

-----------------------------
Lembrando aquel concurso tan particular de "Escoge un plano raro y te lo quedas" encabecei o post e lembrando algo que escribiu alguén máis sabio ca mín vouno rematar...

The judges said you missed it by a fraction
rise up and brace your troops for the attack
the dreamers ride against the men of action
see the men of action folding back.