19 dezembro 2006

¡AVE TOURIÑO!


"O 80% do tren valenciano, previsto para o 2010, está xa en plena execución. O ave galego comprometido para o mesmo ano, so está en obras o 20% do percorrido"...

Diferencias evidentes, pero meus señores pagamos os mesmos impostos ainda que nos non teñamos copa América no horizonte. Sen falar de circunstancias económicas senón puramente xeográficas porque as redes de comunicación sempre dependen deste factor; Lérida e Tarragona xa teñen a menos de 3 horas Madrid. Galiza no outro extremo xeográfico arrastra o seu déficit ferroviario tradicional, diferencias novamente evidentes. Namentres o tripartito en Catalunya mantén a raia os xeneralísmos sociatas e fai mirar aos dirixentes dende cataluña ao exterior, aquí teremos que sofrir a aquiescencia de Torito uns anos máis... Señores ¡¡¡Espabilemos!! no saber popular podemos achar chaves: "O que non chora..."

Imaxinemos se no canto de chorar berramos polo que é noso...

14 dezembro 2006

Un ano de portas abertas


Grazas a todos os que adican un tempo visitando este lugar, aínda que seña polos links XD


02 dezembro 2006

Ya vienen los ¿Reyes?...

Algo bo tiña que ter o Nadal non? unha excusa perfecta para o egocentrismo, porque ninguen mellor ca un mesmo sabe onde reside a súa felicidade...

30 novembro 2006

26 novembro 2006

Wem der grosse Wurf gelungen,Eines Freundes Freund zu sein...

Doenme ás costas e a cabeza a non poder máis...que pracer sentirse vivo...


ALEGRÍA

Llegué por el dolor a la alegría/Supe por el dolor que el alma existe./Por el dolor, allá en mi reino triste,/un misterioso sol amanecía. //Era alegría la mañana fría/y el viento loco y cálido que embiste./( Alma que verdes primaveras viste/maravillosamente se rompía. ) //Así la siento más. Al cielo apunto/y me responde cuando le pregunto/con dolor tras dolor para mi herida. //Y mientras se ilumina mi cabeza/ruego por el que he sido en la tristeza/
a las divinidades de la vida.

José Hierro De "Alegría" 1947

25 novembro 2006

Perfume: The Story of a Murderer



"En el siglo XVIII vivió en Francia uno de los hombres más geniales y abominables en una época en la que no escasearon los hombres geniales y abominables. ..."

Lembro aquela noite de conversa na Cova na que o señor Bender e un servidor nos vimos sumerxidos haberá máis dun ano, comezando polos olores en xeral, seguindo polo singular do meu desenrolado olfacto e rematando na recomendación que me fixeron de ler o libro.

Un best seller, non foi nunca unha opción coa que encher o meu tempo e menos aínda se falamos do libro máis recurrido nas entrevistas por modelos e actrices estúpidas que un atopa en todo tipo de revistas. Pero lembro tamén como me relataron a experiencia que podería supor lelo; sobre todo como recorría o autor a arrecendos e cheiros para describir todo nun cúmulo de sensacións; para alguén que é quen de lembrar olores de hai máis de 10 anos de xeito vívido coma mín.

Así foi, comezar a leer a primeira páxina no tren que saía da Coruña a mediodía e rematalo volvendo de vigo pola noite, 4 horas apaixonantes (Vielen Danke Gael). Penso que non dixen verba ata meterme na cama ese día, síntome profundamente conectado con Grenouille, o meu olfacto dista de ser o seu pero é a única porta da percepción da que endexamais podería prescindir, e sentímos a mesma "curiosidade" pola esencia das cousas e das persoas...

Sobre a película dicir que é un fantástico exercicio de estilo, un manual para calquer aprendiz de guionista (especialmente os hespanhois) emociona sen diálogo. Tom Tykwer do que só coñecía Lola rennt, manexa habilmente o tono e o ritmo do filme cun certo toque visual DelToresco (Toma neoloxísmo gafapastíl) e amósase fiel a esencia do mesmo e do libro, dispón dun Ben Whishaw que axusta o seu personaxe ata un punto case infantíl amosando moito valor co doádo que sería tinguir de moralina á súa interpretación, e permitíndose o luxo de ter a Dustin Hoffman e a Alan Rickman coma secundarios e brindarnos a oportunidade de soñar co prohibido (Bender non se atén ás leis humanas)presentando a Rachel Hurd-Wood que con esos 16 anos fai gala dunha beleza única é perfecta; como diría Panorámix sobre Cleopatra ¡Que belo nariz!.

Por se queredes baixar a banda sonora, composta tamén polo director e interpretada pola filarmónica de Berlín :

Pando Package

23 novembro 2006

El viento a favor



"...otra vez perdiste tu oportunidad/siempre efrentandote y al final/vencido por el miedo/caes al suelo y te dejas pisar.... /Si ya no puede ir peor/haz un último esfuerzo/espera que sople el viento, a favor/ya sólo puede ir mejor/y está cerca el momento/espera que sople el viento, a favor..."

O aburrimento do finde, a falta de tempo para un mesmo, a falta de alento, a dor de pes, o Ich Weiβ nicht ou Ich Verstehe nicht, Null ventas e estupideces, leute hassen, a miña avóa chegando a "...hundirse en el torbellino del sueño... si es que la eternidad no es un sueño también" parte dun futuro espello no que xa me vexo, and they don´t see me at all, o can coa cunca do ollo baleira... son a derradeira traxedia predicida por Fertility Hollis, weak and powerless over life... now all that you can do is to go straight up...

...Salvado por unha canción... esos violíns... fanme despegar do chan...7 anos despois... o mésmo que a primeira vez...

17 novembro 2006

O primeiro día do resto da túa vida

-¿Como te ves de maior?-Preguntou o vento

-Camiñando so por unha rúa a escuras, contigo a sopraresme frío na face e escoitando Coldplay- respostou.

-...Hoxe, é o primeiro día do resto da túa vida...-

15 novembro 2006

Bestiario

Ultimamente os corvos fítanme coma se fose un deles, nin sequera teño que apartarme do seu camiño como adoito facer, soberbios e altivos parecen facer certa a frase epígramática coa que me despide a miña nai ultimamente.

Ando canso e case coma unha pantasma camiño dun lugar a outro da cidade cun nó no esófago que non ten nada que ver cos excesos do finde anterior; caseque coma un medo non verbalizado, coma un coelliño branco ou negro nado para o meu desasosego. Descoñezo se poderei ceibalo cedo, polo dagora sobrevivo coas lembranzas namentres o outono chama á porta co meu sono en brazos coma un invitado incerto.


"...tal vez ni se fijen en ellos, atareados con el otro cuerpo que conviene llevarse pronto, antes de que pasen los primeros colegiales."

02 novembro 2006

El perro del hortelano

Hai cousas que mudan sen que teñamos ningún control sobre elas. É unha lei universal... somos máis de 6000 millons de persoas no mundo e descoñezo a cantidade delas coas que terei oportunidade de compartir algo máis que unha mirada de esguello pero comezo a pensar que os que quedan trala peneira do tempo nunca chegan a superar a ducia...se cadra demasiado pobre a estatística, mais para un radical libre coma mín comeza a resultar demasiado complexo buscar a reacción con átomos humanos de calquer tipo... o peor é que comenzo a pensar que xa non paga a pena...


TEODORO: No sé, Tristán; pierdo el seso
de ver que me está adorando,
y que me aborrece luego.
No quiere que sea suyo
ni de Marcela; y si dejo
de mirarla, luego busca
por hablarme algún enredo.
No dudes: naturalmente
es del hortelano el perro.
Ni come ni comer deja,
ni está fuera ni está dentro.

01 novembro 2006

Extrema pobreza

07 outubro 2006

Entre a dor e a nada escollo a dor

Xa anunciaba a traves dalgunha porta pasada que confiaba na recuperación da voz que compón tres cuartos da banda sonora pouco orixinal da miña vida. E non cumplido nin sequera un ano, volve en boa compaña, e como se de dous alquimistas con sendas metades de pedra filosofal sonora se tratase, liman defectos e amplifican virtudes de xeito recíproco conxugando talentos neste círculo elemental composto de dous CD's.

Para algúns presuntuosidade para mín coraxe, a aposta de bunbury por facer o que realmente lle peta comeza a consolidarse como algo máis que unha apostura, expandendo a sua lenda moito máis aló do que dura un compás de Entre dos tierras.

"...Yo no quiero tener esa lucha conmigo mismo; no quiero ser juvenil ni atractivo con 56 años. A esa edad no tienes que ser juvenil. Entonces tengo otra serie de idolos que creo que han envejecido más segun mis criterios y pienso en Van Morrison, que es gordo, calvo y viejo ." Comezo a velo recluído nun mosterio con maestro Zen, ou nun encerro en Isla Negra e traendo cada catro anos dende o silencio, obra maestra tras obra maestra coma un Prometeo iluminando a escuridade musical que campa nesta sociedade de masas...

...Entre a dor e a nada escollo a Bunbury... e a Vegas

01 outubro 2006

11 de outubro

My goldfish and me


"...My goldfish and me, both of us are just here swimming in one place.

The cutlet looks dug out of a cat box.

To calm this girl down, to get her to listen, I tell her the story about my fish. This is fish number six hundred and forty-one in a lifetime of goldfish. My parents bought me the first one to teach me about loving and caring for another living breathing creature of God. Six hundred and forty fish later, the only thing I know is everything you love will die. The first time you meet that someone special, you can count on them one day being dead and in the ground."

13 setembro 2006

Suntory time

06 agosto 2006

Something has to change

De volta á vida; ou en proceso e con presentación incluida, con todos Vostedes:Jack.

Traballar entre semana tantas horas reduce o ritmo respiratorio a 2 unicos intentos de apreixar O2 : As poucas horas que me restan no traxecto venres-sabado, e as 24 do sábado ao domingo, o resto da semana un cadáver desfruta máis ca un servidor disto que chamamos vida... Boredom's not a burden Anyone should bear.

Gracias a intervención da poción máxica custodiada polos habitantes da cidade vella, as celebracións (♪♫♪♪♫♪Parabens para tiiii♪♫♪♪♫♪) e a boa compaña temos algo máis nos pulmóns co que sobrelevar a semana que se achega.Grazie mile!.

1 de 7 resulta nun 14% da semana satisfactorio...It's not enough.I need more...queda cando menos un mes de galiñas e ovos de ouro...Praga apenas unha pantasma silandeira fuxidía coma ese Golem que soño perseguir...Knuckle deep inside the borderline.This may hurt a little but it's something you'll get used to.Relax. Slip away... O que goza sufrindo a vida, goza a vida...os treses cos treses os noves cos noves, ¿que facer cos números negativos?...Namentres que o Dragón dorme sobre o seu leito de xoias...What have I become? My sweetest friend Everyone I know Goes away in the end...alguns somos ilusos con esperanza agardando por un Bardo que o esperte...It's not like you drove a hateful spear into his side...cando menos I'll keep digging till I feel something.



Something kinda sad about

the way that things have come to be.
Desensitized to everything.
What became of subtlety?

How can it mean anything to me
If I really don't feel anything at all?


PD: Agora a SGAE e Ramoncín veñen por mín, pero xa é demasiado tarde
PD 2: Todo o lido non é máis que un producto da súa imaxinación non lle dean máis voltas non ten sentido...

17 junho 2006

4...8...15...16...23...43...Sorry I didn`t mean to scrab your ass

Quen dixo que na illa todo era angustia e misterio:

04 junho 2006

All you need is... all you need

Unha das mellores novas dun verán que se me presenta soporífero e caseiro en exceso.

Se nun més non mudan as cousas, nin Praga, nin praia, nin Cristo que o fundou. Dosificarei o maná en porcións pequenas e agardando ata xullo cando está prevista a saída da cuarta e penúltima entrega. Me cago na FOX e na DÚAS de TVE por facérenme agardar.


PD: (Pervertir a Lennon xa é algo habitual para este ególatra...Anubis fará abono co meu corazón, mais sarna con gusto non proe.)


29 maio 2006

Fart d'èsser util en el procès d'èsser odiat.

Recuperando mentalmente esos veráns de principios dos noventa, ceibe e despreocupado. Será que me estou a facer maior ou o que é moito peor: Vello




Catro anos xa... e outra voz que volve a remerxer cousas no meu interior dende máis aló da morte. Saúda a Jeff da miña parte... sei que o estaredes pasando ben... All this pain is an illusion

23 maio 2006

If this is your first night at the fight club, you have to fight

Achégase o meu cumpreanos:




[Tyler and Narrator are discussing ideal opponents]
Tyler Durden: OK: any historic figure.
Narrator: I'd fight Gandhi.
Tyler Durden: Good answer.
Narrator: How about you?
Tyler Durden: Lincoln.
Narrator: Lincoln?
Tyler Durden: Big guy, big reach. Skinny guys fight 'til they're burger.

22 maio 2006

Alone with everybody


["We admitted we were powerless..."] Máis anos, máis coñecemento: En calquer conversación con máis de tres persoas son completamente prescindíbel ["...Came to believe that a Power greater than ourselves could restore us to sanity..."] as cousas paseniño comezan a se esclarecer, atoparme imposíbel na comunicación e admitirme. Atoparme hiperbóreo e admitirme...["...Made a decision to turn our will and our lives... "] Sen alcol, sen xente, sen tabaco ["...Made a searching and fearless moral inventory of ourselves..."] Non sei someterme a ninguna lei nin compromiso e non son quen de dicir non... ["...Admitted to ourselves, and to another human being the exact nature of our wrongs..."] arrodeado de xente que non me pode importar menos, seino porque nin aborrecelos podo ["...Were entirely ready to have remove all these defects of character..."] limpando o meu armario de cadáveres, todo pesa menos... [...Humbly asked to remove our shortcomings...]...e sen peso non hai necesidade de intervención divina.["...Made a list of all persons we had harmed, and became willing to make amends to them all..."] ¿Perdón ou actos? que cada un pense o que queira...["...Made a direct amends to such people wherever possible, except when to do so would injure them or others..."] Definitivamente non á destrucción masiva.["...Continued to take personal inventory and when we were wrong promptly admitted it..."] Checked...en fín. Fín

.


16 maio 2006

13 maio 2006

10.000 days, 4 pelis e 250 sudokus

Recuperando o pulso fílmico nunha fin de semana satisfactoriamente misántropa.

Visitar a miña encrucillada, estase convertindo nun satisfactorio placebo dos días cheos de fume e Madrid. Adquirín 27.397260273973 anos (aproximadamente) prestos a soar na miña habitación, e a cohabitar cunha cebola verde, uns paranoicos neoyorkinos, unha princesa (dona dun paraíso desexado)e cunha Alice que non sabe onde se mete.

Quén quere pasar-o-tempo?...teño citas pendentes abondas coma para deixalo pasar

"O home branco pensa que todo está morto..."

27 abril 2006

Tarde

“...Tarde se aprende lo sencillo
tarde se encuentra la hermosura.
No aquella de los ojos mortales,la del mundo”
José Hierro“mis hijos me traen flores de plástico”,Libro de las alucinaciones(1964)


Tarde
(Sábado,7 de outubro de 2000)

Tarde,
e xa estou canso
de que sempre sexa tarde para min,
cheguei a beira dun mar murcho de chuvias
e xa era tarde,
véxome no espello,tarde,clamando á noite:
-“Tu pudica,tu proba perambulis astra sidus aureum”-
marchan cara a miña porta,
pouco tempo despois,
a fiestra móvese có vento,
e berro,
a tódolos que non me oen,
berro
dende máis alá do esquencemento,
facendo as cordas da miña voz
fracos fíos de enleadas estrelas,
recollo a coroa
permitíndome unha derradeira oportunidade,
acugulados xiróns
de pensamentos que se foron...

Tarde,
é tarde,
chego tarde,
cae a tarde en min,
e falolle ó tempo,
coa voz de todos,
se nunca fose tarde
se vivísemos cando empezamos a morrer,
“¡Ne mortis timueritis!”
á fin
nos liberi essemus.


-Gracias por correxir os meus "latinajos" profesores hai moitos, mestres moi poucos...








If you're going to read this, don't bother...








...Para cultivar o ego...





















...Para colonizalo... (Gracias Sú... meu anti-3libras)




















...Para destruilo... e recomezar

25 abril 2006

Erase and rewind...

Pensamentos sobrantes da fin de semana andanme a bulir entre as tempas acugúlanse ata confirmaren unha migraña máis.

"...A limusina deténse fronte ao clube Silencio... na noite non hai banda... There is no band. It is all an illusion... saio, camiño polo paseo ...¿só?, Cecais Rita e Betty camiñen detrais (apenas celuloide)... esquecín o que buscaba...

"A man's attitude... a man's attitude goes some ways.The way his life will be"... dou un paso cara a liña que separa o solpor do mencer e todo queda claro. Nada ás miñas costas, nada ante os meus ollos. A dor diminúe pingandose sobor das miñas mans, non sei cando comezou...a chave azul nunha man... 'cause you're deserted what's good, you hurt it and it kills you it keeps you alive...e a caixa azul,agora aberta, na outra, nada será o que foi...suspiran mis zapatos por dejar el pavimento...just To get rid of this God awful feeling.

"No, it's not that i don't know / i just don't want it to grow
/ it's not that i don't know / i've changed my mind / i take it back"

19 abril 2006

April is the cruellest month

"Noblesse oblige" como dirían os pedantes, aquí de novo sen moita gaña de escribir pero "plantando un post" por imperativo salmoneríl. Imos resumir esta nefasta semana nuns cantos puntos no que chamaremos :A semana dos C2's á edquedda.

1/Só quedan dous

2/"V" de véndete

3/Hai mulleres que choran porque non poden ir a Betanzos...

4/Pedimos perdón ao compañeiro repelente por darlle o coñazo cunha merda de peli as 5 da mañá

5/Aos tipos que me roubaron: "Espero que non malgastárades os 15 céntimos"

6/ E por ultimo e non menos importante extrapolo a dúbida que me espuxo Alba Lavigne no finde, a todos os repelentes (e aos que non o queren ser):

M. ou Mi coco ?

PD:Xa que estamos coa diarrea encefálica:

Frase machista da semana:
"As mulleres son como as moscas, ou se posan no azucre ou na merda"

06 abril 2006

The constant Gardener


"...Justin,I was determined should be a man who almost accidentally married his conscience..."

...Isto dí John Le Carré nos extras da película sobre o seu personaxe central...Mais na película hai varios personaxes centrais: Amor e Morte-Vida.

Para mín unha película fundamental neste ano, Sigo namorado do puro encanto de Rachel Weisz, Ralph Fiennes (Oneguin, The English patient) o actor é un iceberg... Fernando Meirelles ... a cidade de Deus na terra é un documental sobre a vida humana. Realmente arrepíntome de non a ver directamente no cine... "pero poderoso cabaleiro é don dinero"...

E poderoso o é tamén ao longo de todo o film. ¿Canto vale unha vida?...¿Ten prezo realmente?...estas son preguntas que eu levo facéndome dende que son eu e que se reproducen continuamente no meu camiño. Cando alguen "pide" xustificacións ao meu vexetarianismo tan particular, tento de explicar que entendo que o ser humano ten que sobrevivir tomando outas vidas, a natureza fai verdadeiro este axioma día tras día. Pero por outra banda comparo a esencia de ese acto, co espírito primixenio do que provén:

-O guerreiro masai unxindo as súas pernas coa suor da presa e amosando respecto, amor e un certo pesar ante a morte dun animal...Os estabulos do primeiro mundo onde os animais carecen de vida...

...Unha tribu de inuits cazando unha balea, realmente desagradábel para os estómagos febles, para despois agradecer ao espírito do animal que os alimente durante o frío ano que lles agarda; somentes unha cumprelles para moito tempo... Os barcos baleeiros matando a decenas e desprezando a carne para quedárense só coa graxa para cosméticos...

Extraordinaria película... se pestanexas a vida pásache por diante... (sei dun que cando a vexa quedará prendado tamén)

02 abril 2006

Guest starring

There's the moon asking to stay

"Cando Eisenstein morreu, pronosticou que a súa xenialidade se reencarnaría en tres directores futuros a partes iguais... polo dagora Jean-Luc Godard, Tarantino... so quedo eu."

Lembrome dicíndo esta frase que me resulta hoxe irrisoria. A pedantería fai o número un billón na miña lista de defectos. Agora cheo de ideas que non me levan a ningures teño atravesados varios guións e fallanme as gañas de traballar neles.

Non levo ao papel algo cando menos remotamente interesante dende hai máis dun ano (a non ser algun que outro derrame de serrín encefálico neste lugar) así o feito de que en breve o meu proxenitor teña pensado adquirir unha camara de video, serveme para relembrar unhas verbas alentadoras do rebelde Godard :

"El consejo que daría hoy a cualquiera que desee ser director es bastante sencillo:haz una película. En los sesenta, no era tan fácil, porque ni siquiera existía el Super 8. Si querías rodar algo tenías que alquilar una cámara de 16 mm y muchas veces lo hacías mudo. Sin embargo, en la actualidad, no hay nada más fácil que comprar o alquilar una pequeña cámara de vídeo. Tienes imagen, tienes sonido y puedes proyectar la película en cualquier televisor. De modo que cuando un aspirante a director viene a pedirme consejo, la respuesta que doy es siempre la misma: "Coge una cámara, filma algo y enséñaselo a alguien,a cualquiera; puede ser un amigo, el vecino de al lado o el tendero de la esquina, no importa. Enseña a tu público lo que has filmado y observa su reacción. Si parece que les interesa, filma algo más[...]Pero pregúntate por qué, pregúntate siempre por qué."


Señor Jean-Luc gracias por existir...

23 março 2006

Eu, eu mesmo... e eu mesmo


Parasiempre


No me tienes que impresionar
Ni que seguir la corriente
Voy a apearme aquí
En la orilla del presente
Donde el hombre se asfixia
Escribe un testamento en chile negro
El suplicio es estar contigo
Eres la alquimia de mi veneno
La derrota no es una opción y no hay excusas

Parasiempre me parece mucho tiempo
Parasiempre, no hay nada parasiempre...
Parasiempre, no hay nada parasiempre...

La influencia de la ira
Y los impulsos de la lengua
No tengo toda la vida
Aún hay cajas con sorpresa

Parasiempre me parece mucho tiempo
Vendré con la boca amarga
Y el corazón bien jodido

Parasiempre, no hay nada parasiempre...
Parasiempre, no hay nada parasiempre...
Parasiempre, no hay nada parasiempre...
Parasiempre, no hay nada parasiempre



"...There are no more barriers to cross. All I have in common with the uncontrollable and the insane, the vicious and the evil, all the mayhem I have caused and my utter indifference toward it I have now surpassed. My pain is constant and sharp and I do not hope for a better world for anyone, in fact I want my pain to be inflicted on others. I want no one to escape, but even after admitting this there is no catharsis, my punishment continues to elude me and I gain no deeper knowledge of myself; no new knowledge can be extracted from my telling. This confession has meant nothing..."

Respostas as idioteces varias escoitadas nas derradeiras semanas tipo:

*Te vas a quedar solo...
*Acabarás cayendo...

*Has encontrado a alguien ya...?




"Sólo soy yo cuando estoy solo"

Miguel Hernández




19 março 2006

San Patricio, estrellas e eu sen gorro

O conflito continúa...

Enésimo San Patricio sen agasallo de Guinness... (o meu reino por unha camiseta, un pano, fucking whatever ...).
Odio o IPC, as súbas de improviso e os camareiros inframentais.

Valen infindas veces 3,30 €:
*A boa compaña
*As pintas a 4.30 con promesas que se perderán nesas 4 paredes...
*Fre, Hugh (Follow him...) LLorch and consorte...





"Don't wanna weep for you, don't wanna know

I'm blind and tortured, the white horses flow

The memories fire, the rhythms fall slow

Black beauty I love you so..."

E que cada un pense o que queira...


16 março 2006

02 março 2006

Wear the grudge like a crown of negativity.Calculate what we will or will not tolerate.

...Poñendo en práctica o que onte nos descubríu David Trueba :

O conflito é a base de toda historia.

Sec 1. Comisaría de policía da Coruña.Int.Día

Vemos chegar a un XOVEN, Zamarra negra gafas de sol, aurículares colgando, cara de poucos amigos. Destesta o lugar no que se atopa.

Dende a primeira porta que atopa á dereita da entrada pode ver a ringleiras infindas de xente, é a segunda vez que ven, nada cambiou.

Xoven
¡Como animais nun matadoiro...!


Tras un suspiro, comeza a camiñar en dirección á ringleira con menos "Clientela", Tras dela un home duns 40 anos,aparentemente moreno, os escasos pelos sobor da calva semellan un código de barras, o naríz pontiagudo parece ameazar a calquer interlocutor mentres cun cuño prefabricado dubida eternamente cal dos dous impresos que ten sobor do mostrador cuñar...o xoven pide permiso con voz miuda e pregunta algo ao funcionario.


Xoven
¿Desculpe poderíame dar un impreso para renovar o DNI?



Funcionario
¡Tres euros!

Xoven
¡Eu pensaba que se se pedía aquí era de balde!

Funcionario
¡Pois non! e póñase na ringleira que hai máis xente diante de vostede

Xoven
¡En realidade non teño cartos porque perdín a carteira e o DNI xunto con ela e viña poñer a denuncia... o impreso é para a miña nai...

Funcionario
¡Para denuncias na primeira ringleira, renovacións de carnets nesta, pero agarde o seu turno!

O xoven queda mudo coma unha estatua cun xesto de abraiamento,torce a boca pecha un puño e afúndeo no nariz pontiagudo do funcionario que comeza a sangrar copiosamente sobor dos impresos e o cuño prefabricado ... Volvemos ver ao xoven co xesto de abraiamento, o nariz do funcionario segue intacto, deixa caer os brazos e volver preguntar:


Xoven
¡Eu necesito facer as dúas cousas!

Funcionario
¡Iso non é problema meu!

Vemos a mirada do xoven baixar ata as mans do funcionario, éste segue sen chegar a cuñar ningún dos impresos, mentres a xente segue na cola impávida e sen dar chío, como animais nun matadoiro...


Xoven
¡Podo tardar horas!


A primeira persoa situada na ringleira da un paso adiante como asumindo o seu turno, o funcionario estende o brazo coa palma da man aberta a xeito de sinal de "Stop" e éste dá un paso atrais. O cuño segue sen cuñar ningún impreso...


Xoven

¡Non podo perder tanto tempo, teño presa, ¿non me podería deixar o impreso e xa o pagarei cando volva?


Funcionario
¡
Eu tamén teño moito que facer...


Continua dubindando qué impreso cuñar.


Funcionario

...Estoulle atarefado de máis coma para atender a calquera que me pida un favor.



A boca do xoven volve torcerse, golpea cun puño no mostrador...

(Comenza a música a subir pouco a pouco de volume , Tool-The Grudge a partir do minuto 6:30)

...Da súa mán comeza a saír unha luz azul que se estende ante o asombro dos presentes, faise grande ata convertirse nunha bola, o rapáz abre a palma da mán e pona diante do funcinario. Entón, estoura.

O corpo do funcionario comeza a se derretir ata chegar ao esqueleto, o cuño cae no mostrador que se comeza a desintegrar. A luz enche tódalas estancias e unha por unha remata con todas as persoas que alí se atopan, unha vez enchidas, as fiestras comezan a descargar a presión rompendo e lanzando os cristais cara fora, vemos como os ollos do xoven se abren entón o edificio por completo desfaise en anacos...


Sobre o terreo areoso e ennegrecido so vemos a figura do xoven, a comisaría enteira foi barrida da faz da terra, pouco a pouco achegámonos para ver de novo os ollos do xoven que comezan lentamente a abrírense...

... Novamente na comisaría...

... O cuño indeciso, as ringleiras, o naríz pontiagudo, a desesperación...

O rapáz da media volta e sae cara a porta, en canto abandona o recinto o funcionario esboza un sorriso e botase a mán á cabeza e recolle os impresos sen cuñar, vaise do mostrador

... a indefensión , a falta de liberdade, o determinismo...o rancor.