Vía CNN
Que noxo de mundo...
If the doors of perception were cleansed everything would appear to man as it is, infinite. —William Blake-
Facer as compras de Nadal. Escasísimas este ano no que a doces se refire. Só dous vicios: mercar un "porro folar" porque agora, case sempre teño frío e estes días non melloraron nada a sensación. Cando tento quitarmo, á escuras na habitación despois de probalo, algo apégaseme nas costas coma unha man que me acariña a caluga... a ciencia chámalle electricidade estática... eu chámolle "motivo trivial para escribir un post Nº1"...-"El fuego eterno del sureño Otis Redding"-
Hai pouco que cheguei eiquí... non era máis que un pequeno abrollo vermello flamíxero do tamaño dun verme, dixo de mín o que, hai xa un par de anos me deixou naquela caixa de veludo tamén vermello. Duns meses agora, medrei tanto, que xa case non me resta espazo. Cando mudaron aquela plena luz branca pola noite americana amarelo-anaranxada na que me atopo agora, non souben que ía facer, sentía algo a bulir en mín mais eu non me movía, co tempo comecei a facelo coma unha burbulla que so medra para logo minguar, pouco a pouco, caseque sen decatarme..."La chica golosina reposa reluciente dentro de la caja de plástico. La chica golosina tiene un brillo propio que solo te atrae a ti. La chica golosina es dulce o ácida pero siempre blanda y aunque tus dientes la muerdan son demasiado pequeños para hacerle daño. La chica golosina es calma en tus venas y caramelo de azúcar hirviendo en tus manos y una vez la has tocado, jamás te abandona. La chica golosina es elástica y te envuelve aun cuando el sol amenaza con derretiros a ambos. La chica golosina no se plantea porqué solo hace tratos contigo, quizá no le guste como eres porque ve como serás. La chica golosina no habla de lo que hiciste sólo de lo que estás haciendo. A la chica golosina la deseas como un niño, pero para ser parte de ella has de jugar a madurar tus 20 años a doble o nada. La chica golosina no está hecha para durar. La chica golosina nunca llora y si lo hace nunca es por ti.
Vale que non me vaia facer un lifting...estes días estou sen barbear. Vale que repita cousas coma un papagaio... aínda que as veces gustaríame ser escoitado á primeira vez. Vale que sempre pareza que pido permiso por todo...pero tamén sei o que quero. Entre o 0 e o 1 hai moitos decimais (seguro que alguén pode ilustrarme)... ando na procura dun no que quedarme e comezar a moverme dende alí. Sei que as decisións con movemento causanme tantos arrepíos coma un avión...pero cavilo en xenocidar todo supoño, pode ser e se cadra do meu vocabulario. Se alguén ousa querer volver poñerme unha etiqueta que o faga cando morra...por favor.
O gran Fre non se explicou coa mesma claridade coa que me nominou, pero cun chisco de investigación todo semella máis claro:
Levaba un tempo agardando a súa saída en Blu-ray, mais sería terríbelmente inxusto pola miña parte non darlle as gracias ó irmán-postizo-interatlántico que me insistiu as tres veces de rigor necesarias para que eu vexa unha peli en formato non comercial. Vina por primeira vez na casa diante do meu ordenador haberá xa case un ano.
Con todos vostedes o máis bonito dos Antelos con permiso da súa nai e da súa avoa. O resto non llo poñemos moi complicado, coméntase que é tranquiliño que durme ben e come pouco, unha alegría das grandes nun ano no que non sobraron, sempre apetece máis ir ao hospital por algo así.
Ser quén de facer unha dominada, mercar algo con raias. Que o mal sangue do futbol quedara no estadio porque para os da casa xa teño dabondo: -¡Semella que mordes... pero non tanto!- e botar todo o día pedindo perdóns, algúns máis importantes que outros. Nin ladrar, nin fuxir da xente descoñecida que invade "o meu propio metro cadrado". Dos cinco minutos de risas quedarme máis cas risas que cos cinco minutos. Peneirar o meu tempo e reservarme o mellor. Facer cousas que non quero e sentír o esforzo pagando a pena. Non sei se son distinto pero comezo a ser mellor.
Quen me coñece sabe que máis da metade da música que escoito ven sendo rock'n'roll dende o máis duro áspero e bestial ata as máis melódicas variantes, mais tamén posuo unha debilidade por certas músicas algo menos estandarizadas, isto a parte dos meus pais sofreno moitos outros. Cando recentemente escoito que PJ Harvey, un dos meus descubrimentos capitolinos, prepara un disco acompañada sómentes de piano, dubido se me paga a pena mercalo, baixalo ou sequera escoitalo. Hoxe co Cd soando aquí xunto a mín, arrastro comigo melodías, arpexios sutís e eses berros cativos en falsete que non son tal. Repaso as páxinas do libreto, na portada unha artista de branco impoluto Polly Jean Harvey. Non hai máis: Xiz branca .Despedimos o verán, Despedimos voces, ollos e verbas, Despedimos a Bender, Despedimos familia e un milleiro de cousas máis...
Lembreime hoxe de Benedetti, non sei se no medio deses pasos de peóns que atraveso en vermello ou co ollar perdido entre a xente coma sempre...
"...Pero hoy me siento apenas
como laguna insomne
con un embarcadero
ya sin embarcaciones...
...una laguna verde
inmóvil y paciente
conforme con sus algas
sus musgos y sus peces.
Lembreime do libro negro no fondo do estante, lonxe da miña vida. Lembreime do marcapáxinas da rá dourada que endexamais o abandonou. De barbearme... xa casenunca me lembro. Pregunteilles ao libro e á rá dourada...
...sereno en mi confianza
confiando en que una tarde...
te acerques y te mires,
te mires al mirarme."
...E tamén eles se lembran...
Cando as luces se apagaron, durante o tempo que ningun reloxo se atreveu a medir, aguantou de pe no corredor, a escuridade derredor apertandoo. Cecais ninguen poida percibilo agora. Os ollos pechados non eran os mesmos que estiveran abertos, non semellaba igual o alento que tomaba do que exhalou antes e por suposto esa humidade a se condensar arredor das xemas dos dedos inseriase agora na carne. Pois Él xa non era o mesmo.
O veran xa está de volta... para outras persoas o que marca o seu comezo son as vacacions, a fin dos exames, o sol... a praia. Para min todo comeza cunha chea de Insomnio.O proxecto do señor Cooperlynch en vivo, a ver se nunha escapada a Madrid podemos velos en directo, polo dagora xa contan cun fan. Se queredes sumarvos:
Visitade
DejaVoo en directo, sala Arena/Heineken.
Tema Renacer



15 e 17 de maio respectivamente aproveitarei o meu cumpleanos para asaltar ¿¿¿a nova Fnac????... Music non stop. Duas cousas máis: Sony mandoume xa o meu Blu-Ray de Casino Royale e unha lembranza para Kurt Vonnegut.
